jueves, 12 de julio de 2012

inauguración da exposición "animais atopados no camiño"

este venres 13 de xullo as 20.30h inaugurase en Fototeca Estudio-taller en Tui, a exposición "animais atopados no camiño" de Carlos Puga.


“animais atopados no camiño”, son fotos rescatadas dalgúns dos capítulos do traballo que estou a realizar “diario de viaxes”.
 Fruto dun hazar, sempre buscado, claro esta, nos meus paseos, no día a día, nas visitas aos meus amigos, aos vecinos, aos lugares onde habitan, faime tropezar cos seus animaís, e ca paisaxe cos rodea.

Recordo cando era rapaz, ao meu pai e a sua cámara, (unha cámara conseguida daquela cos puntos acumulados nas tendas Spar fai uns 41 anos, era unha “nera-35/S”made in spain, eso pon na base do corpo da cámara), retratando esos momentos da vida da sua familia, e que ainda hoxe segue utilizando co mesmo fin, a leva gardada na guanteira do coche e de cando en vez “saca unha foto”.
 Cando empecei o meu traballo “diario de viaxes” quizáis non era consciente porque este traballo, so sei que chamabame moito o facelo facíame sentir ben, hoxe sei o porque, como o meu pai, non estou a intentar nada especial, so retrato momentos familiares ou do meu arededor, “so queren ser fotos para a lembranza, nada mais que iso”


No hay comentarios:

Publicar un comentario